Coma sempre, cando empeza o ano facemos unha chea de propósitos, de soños, que desta volta decidimos compartir entre todos e todas , para que deste xeito, ó facelos públicos, de todos e todas e para todos e todas, teñan máis posibilidades de convertirse en realidade.

Puxemos pois os nosos soños nas vosas mans, e istas coroas de mans foron o resultado de soñar todos xuntos.

Así lle dimos fin as actividades de Nadal no Museo do Mar.

Moitas grazas a Lourdes, Rubén, Charín e a nosa Sariña que sempre está ahí.

Pero sobor de todo moitas grazas a todos e todas vos por axudarnos a facer deste Museo o voso Museo.

Que o 2015 sexa moi feliz e próspero para todos e todas vos, que todos istes soños que colgástedes na nosa árbore se fagan realidade.

E que continuemos a formar unha comunidade cada vez máis numerosa e fructífera.





































Xa recuperados da celebración adicámonos a observar as estrelas como facían os navegantes, na procura de Polaris, a Estrela Polar, que está na constelación da Osa Menor, e interesámonos tamén pola historia mitolóxica de cada unha das constelacións do zoodiaco. 

Sabiades que as estrelas que vemos no ceo varían segundo dende onde as estemos mirando e segundo a época do ano? 

Pois nos, fixemos un “buscador de estrelas “ do mes de Xaneiro para escudriñalo ceo na procura de Orión, Pegaso, Cisne, ...



























Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License